O biocombustible medra en granxas de plástico

3 Maio 2012
algas

A NASA,  desenvolveu un novo sistema a partires de granxas de algas para a creación de biocombustibles. Dito sistema trátase de que as algas poidan medrar en bolsas de plástico que aboien sobre augas residuais xa que estas últimas ofreceríanlle á planta numerosos nutrientes.

Desde xa hai moitos anos empréganse algas para a creación de biocombustibles, sen embargo estas requiren dunha alta dose de fertilizante para medrar rapidamente. Por este mesmo motivo a auga residual é indicada para a súa produción, pero o traslado desta ós estanques de algas resultaría custoso. A única solución atopada é levar as algas directamente a fonte, e isto é posible grazas ás granxas de plástico.

Este método resulta moi eficaz xa que con 5 km2  de granxas poderíanse obter arredor de 9 millóns de litros de combustible orgánico. Ademais ten unha gran vantaxe, xa que as granxas de algas non precisan dun sistema de arrefriamento grazas a auga que rodea a bolsa. Tamén existen inconvenientes xa que se necesita numerosas cantidades de plástico que cada ano hai que cambiar aínda que despois se poidan reciclar.