O berberecho segue a desaparecer da Ría de Arousa

A causa parece ser un protozoo favorecida pola meteoroloxía deste ano
4 Novembro 2013
Berberechos

Os berberecho, pertencente ao xénero "Cardiidae", son un grupo moi abundante, pero o tipo de berberecho que mais se coñece é  a especie europea comestible, xa que hai alguns tipos que non é recomendable inxerir xa que poden producir hepatite. Ao ser unha especie hermafrodita, pódese reproducir rapidamente, pero na Ría de Arousa por culpa dunha bacteria xa non e así.

A Ría de Arousa  xa ven sufrindo durante 2 longos anos a desaparición do berberecho por culpa dun protozoo que se introduciu na ría pola importación de marisco de outros países para os parques de cultivo que hai na zona, pero tamén se cree que esta bacteria tamén puido desenvolverse por culpa do cambio meteorolóxico que houbo neste inverno ao escasearen as choivas. Os primeiros indicios desta epidemia foron detectados entre os meses de abril e maio nos parques de cultivo en Carril, e foise estendendo ata contaminar toda a ría. As confrarías da ría prevén que este nadal xa haberá a suficiente cantidade de berberecho para extraer e levar a venta, pero os biólogos que estudaron esta epidemia din que o berberecho non se recuperará nesta ría ata mediados do ano 2014.

A bacteria que afecta ao molusco chamase “Marteiliosis refringens”, xa era coñecida polos biólogos que estudaron esta ría xa que hai constancia  da súa presenza nos anos 70 en mexillóns e ostras. A Marteiliosis afecta as ostras e outros bibalvos da costa atlántica europea , de Gran Bretaña a Portugal dende 1968, que comeza a súa aparición na costa da Bretaña Francesa. Na costa española provocou a devastación dos  cultivos deste bivalvo cunha mortandade que chegou a alcanzar o 70% das ostras de procedencia francesa..