O baobab africano

11 Decembro 2012
baobab1

Os baobabs, coñecidos tamén co nome de árbores botella ou pan de mono,  son unhas curiosas árbores africanas que destacan polo seu gran tamaño e a chamativa forma do seu toro cilíndrico e liso que almacena auga.

Poden chegar a vivir máis de 1.000 anos e algúns poden almacenar ata seis mil litros de auga.

O baobad é unha árbore moi respetada en África. Os nativos creen que é a árbore da vida e hai numerosas crenzas e lendas sobre el.

As lendas africanas contan que era unha das árbores máis fermosas do continente, admirado polo seu porte, a súa follaxe e as súas flores. A súa vanidade medrou tanto que os deuses castigárono plantandoo do revés.

Dí a tradición que se unha persoa bebe auga na que se mollaron sementes de baobab, será protexida do ataque dos crocodilos. Pero se arrinca unha flor da árbore morirá devorado por un león. Ninguén pode quedar dormido debaixo dun baobab, porque os deuses levarano para o ceo.

O baobab Sunland é o máis grande do mundo con47 mde perímetro e ten un bar no seu interior. Atópase en Modjadjiskloof (provincia de Limpopo-Sudáfrica). Crese que pode ter máis de 4.000 anos.

baobab1