O aviador Piñeiro

6 Abril 2011
aviador Piñeiro

O aviador Piñeiro, coñecido como o “home-paxaro galego” foi unha figura destacada da aviación de finais do século XIX, o primeiro aviador galego e un dos primeiros do mundo do seu tempo.

Naceu en Mugardo o 15 de decembro de 1878. Estudou para maquinista mercante e máis tarde instalouse en Sanxenxo onde montou unha fábrica de gasosas. En 1911 asiste unha exibición de aviación nas festas da Peregrina en Pontevedra e decide vender a fábrica para marchar a Francia e formarse como piloto.

En decembro de 1912 Piñeiro consegue o seu título de aviador, volta a Sanxenxo e crea unha pista de aterraxe nos areais de Baltar onde constrúe tamén o “hangar” onde gardará o avión Blériot que merca por 30.000 pesetas, unha pequena fortuna para a época.

O 6 de abril de 1913 voa por primeira vez en Galicia saíndo da pista de Baltar e acada soa popular logo do seu percorrido Sanxexo-Vigo-Pontevedra-Marín-Sanxenxo. Fai diferentes exhibicións por Galicia e en diferentes cidades españolas e máis tarde voa en Bos Aires eLa Habana.

Foi un acróbata do aire cun avión de só 50 Cv de potencia. Foi famosa a sua acrobacia "O Voo da Gaivota", que consistía en tocar cunha á o mar e voltar a levantar o voo. En Decembro de 1914 realizou o primeiro voo invertido (looping the loop) en Cuba.

Retirouse da aviación en 1921 e Chegou a ser alcalde de Sanxenxo, vila na que se lle adicou un monumento realizado por Alfonso Vilar. Morre en Santiago o 3 de febreiro de 1927. O aviador Loriga voou sobre a súa tumba deixando cair unha coroa de flores. Houbo un proxecto para que Asorey lle fixese un monumento que non se levou a cabo. 

aviador Piñeiro1

Monumento en Sanxenxo