O aviador Loriga

10 Marzo 2011
Loriga

Joaquín Loriga Taboada foi un aviador e militar galego que destacou nos primeiros tempos da aviación en España e o primeiro piloto que aterrou cun avión en Galicia.

Naceu o 23 de setembro de 1895 no pazo de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín) e finou en Madrid, o 18 de xullo de 1927, no aeródromo de Cuatro Vientos. 

En 1912 ingresou na Academia de Artillería de Segovia.

En 1921 participou na guerra do Rif como capitán no servizo da aviación militar. En setembro de 1923 recibiu a Medalla Militar xunto con Ramón Franco, Juan de Ortiz e González Gallarza.

En 1824 foi destinado ao aeródromo de Cuatro Vientos, en Madrid como xefe de escuadrilla de clasificación. Alí pilotou, en 1926 o autoxiro de Juan dela Cierva, no seu viaxe inaugural de proba ata Xetafe. Tardou 4 minutos a un promedio de30 mde altura, e unha ascensión máxima de200 m.

O 5 de abril de 1926 iniciou o raid de Madrid a Manila xunto cos capitáns Esteve e Gallarza  a bordo duns avións bipraza de cabinas abertas, os Breguet XIX e acompañados por tres mecánicos. Os18.900 kilómetros de percorrido foron cubertos en trinta e tres días, divididos en 17 xornadas. Tiveron moitos contratempos. Na etapa Hanoi-Macao Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macao, debido a unha avaría, e seguir viaxe con Gallarza no único aparello dispoñible ata Aparri, primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos.

En 1927 recibiu xunto a Ramón Franco, Ruíz de Alda e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores.

O 23 de xuño de 1927 viaxou a Galicia por petición dos seus paisanos. Aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Era o primeiro avión que tomaba terra en Galicia. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.

Antes da súa morte, os seus paisanos comezaran unha subscrición para agasallalo cun aeroplano, que nunca foi adquirido. Co diñeiro reunido decidiuse erguer un monumento na súa memoria, obra do escultor Francisco Asorey e que foi inaugurado o 27 de agosto de 1933 no parque de Lalín. A escultura reproduce un avión a xeito de cruz espetado na terra. Na base ten dúas figuras dándose a man que representan a España e Filipinas.

Loriga-Asorey

Monumento a Loriga de Francisco Asorey