O asteroide "Eros" máis preto da Terra que nunca

2 Febreiro 2012
asteroide Eros

O asteroide “Eros” pasou o mércores 1 de febreiro a 26,7 millóns de quilómetros da Terra, foi a súa viaxe máis preto da Terra dende 1975. 

Os expertos mencionaron que quen quixera ver este asteroide, podíao ver a partir das 4:00 do 1 de febreiro, púidose ver cun simple telescopio de  afeccionado.  

O asteroide “Eros” era de tipo S, isto significa que ten unha composición de silicatos de magnesio e ferro.

Eros foi descuberto o 13 de agosto de 1898 polos astrónomos Carl Gustav Witt e Auguste Charlois. Despois de investigar o asteroide descubriuse que tiña forma ovalada o que facía que se adentrase na órbita de Marte. Grazas a estas observacións descubriron a distancia que había entre a Terra e o Sol.

En febreiro de 2000 anave espacial (NEAR Shoemaker) da NASA aterrou sobre a superficie de Eros. A través de máis de 160.000 imaxes da súa superficie puidéronse descubrir máis de 100.000 cráteres que axudaron ós investigadores a concluír sobre a súa composición.

A NASA confirmou que aínda que estea preto da Terra non hai perigo de colisión. A NASA afirmou que o asteroide “Eros” pasou  80 veces con respecto a distancia que pasou o  “2005 YU55” en novembro de 2011, que se achegou a unha distancia inferior á da órbita da Lúa sen ningún tipo de perigo.

Eros permaneceu visible dende o 1 de febreiro ata o 10 de febreiro e, segundo comentan os expertos, non pasará outro tan preto da Terra ata 2056.

Vídeos:

1.http://www.youtube.com/watch?v=qHqGi2rtDzc

2. http://www.youtube.com/watch?v=OManHlVaWVc&feature=related