O asteroide de Cheliabinsk

30 Novembro 2013

 

Meterorito Cheliabinsk

O 15 de febreiro de 2013, un asteroide explosionou sobre Chelyabinsk, Rusia, na estratosfera, a 23 quilómetros de altitude. A onda de choque deste asteroide impactou contra o chan e causou un pequeno terremoto. A altitude calculada, explica que a onda tardou case un minuto e medio en chegar ao chan.

O meteoro cruzou os ceos deste cidade rusa e estalou sobre ela e cando xerou esa potente onda de choque que impactou contra o chan, causou destrozos materiais e deixou persoas feridas.

Ese temblor propagouse pola superficie da Terra coma ondas Rayleigh, semellantes ás olas causadas polo vento na superficie da auga, pero moito máis rápidas. Foi equivalente ao dun terremoto de magnitude 3,6. As vibracións, viaxaron cerca de catro quilómetros por segundo e chegaron a rexistrase en sismógrafos situados a distancias de 4.100 quilómetros de distancia do seu lugar de orixe.

Esta, é a segunda maior sacudida sísmica xamais rexistrada xerada por un meteoro, superada só pola de Tunguska (Siberia), no ano 1906, que tivo magnitude 5.

Se un meteoro semellante caese no futuro sobre o mar ou sobre un terreo deshabitado, sería posible localizalo e caracterizalo a distancia, utilizando unicamente as ondas sísmicas.


See video