O Asorey participa no Proxecto Ríos

27 Novembro 2013
p-ríos

O pasado día 7 de novembro, participamos, coa colaboración de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), nun proxecto chamado “proxecto ríos”. Fomos os alumnos de 3ºE.S.O. e 4ºE.S.O. de PDC do IES Francisco Asorey. Tamén veu Paco, un colaborador de ADEGA.

Este  proxecto  consiste en observar a diversidade que hai nun tramo medio de 500 metros do rio Armenteira.  Explicáronnos que este proxecto comezouse no ano 2004 en Galiza. ADEGA colaboraba coa comunidade de Cataluña traballando nunha actividade chamada “Proxecto Rius”. Este tipo de actvidades tamén se realizan en Portugal e noutras zonas da Península.

O primeiro que fixemos foi coller un autobús as 11:15h que nos levaría ata o rego de Armenteira.

Ao chegar recorremos os primeiros 20 metros e fixemos unha parada onde Paco nos explicou como se ía a desenvolver á mañá : recorreriamos 500 m para ver a flora. Pero antes de facer iso, Paco deunos unha ficha, que comezamos a cubrir situando o lugar onde nos atopabamos, sinalando a flora e fauna do lugar.

Despois de rematar o percorrido de 500 metros e de rechear case por completo a ficha, centrámonos nun lugar específico do río para facer un  control de invertebrados acuáticos no que vimos moita diversidade.

Para elo, Paco puxo unhas botas e meteuse no río cun trueiro e unha bandexas para coller a ``bichería´´. Puxemos bandexas nunha mesa e collemos os obxectos necesarios para separar os  invertebrados  da area, follas e restos que non deixaban vela.

Para rematar medimos a temperatura, o osíxeno e a transparencia da auga cunhas pílulas e un filtro; así rematamos de cubrir a ficha.

Co resultado da nosa tarefa, comprobamos coa axuda dunha táboa  que o estado do rio é moi bo.

Dentro duns meses, agardamos facer un control pola nosa conta para ver como avanza o estado do rio.

p-ríos-Asorey