O albinismo

6 Decembro 2011
albinismo

O albinismo é unha condición xenética na que hai unha ausencia conxénita da pigmentación na pel, nos ollos e no pelo. Isto ocorre nos seres humanos e en animais a causa dunha mutación nos xenes. Tamén ocorre nos vexetais, onde faltan outros compostos como os carotenos. É hereditario; aparece coa combinación dos pais portadores do xen recesivo.

Nos individuos non-albinos, os melanocitos transforman o aminoácido tirosina na substancia conocida como melanina. A melanina distribúese por todo o corpo dando cor e protección á pel, o pelo e o iris do ollo. Cando o corpo é incapaz de producir esta substancia ou de distribuíla prodúcese a hipopigmentación, tamén coñecida como albinismo. A melanina sintetízase tras unha serie de reaccións enzimáticas polas cales se produce a transformación do aminoácido na melanina por acción da enzina tirosinasa.

En Tanzania (África), asesínase aos albinos, xa que creen que non son humanos. Pensan que son espíritus e que si matas a algún pode darche sorte. Na bruxería, alguna parte do corpo dun albino, utilízanse para as pócemas, xa que se di que son máis eficaces. Os mineiros compran partes dos seus corpos porque creen que os protexerá de derrubamentos e catástrofes. Os asesinos  buscan partes dos seus corpos, para, segundo eles, librarse de morrer nos campos ou para atopar as mellores veas. Tamen se cree que unha perna de albino pode dar luz dentro dunha mina. Centos de nenos albinos africanos están sendo asesinados pola crenza de que unha pócema que se realiza coas partes do seus corpos, traerá o éxito e a riqueza á persoa que a posúa. Asesínase aos albinos para logo vender partes dos seus corpos no mercado africano da maxia negra.

A matanza das persoas albinas comenzou a finais do ano 2007, e por desgraza aínda continúa, a pesar dos esforzos nacionais e internacionais.

albinismo1

Albinismo en animais