O accidente do Casón
O Cason era un cargueiro de bandeira panameña botado no 1969, que o 5 de decembro de 1987 sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco varou nas costas de Fisterra na punta do Castelo da praia do Rostro. Morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
O Cason transportaba unha carga de 1.100 toneladas, consistentes en 5000 bidóns, sacos e colectores de produtos químicos infamables e perigosos que se embarcaran nos portos de Hamburgo, Rotterdam e Antuerpen para dirixirse ao porto chinés de Shangai.
O barco foi desguazado no lugar onde varou, aínda que parte da súa estrutura permanece debaixo das augas da praia do Rostro (fisterra). Os resíduos foron levados primeiro a Parga e logo a planta de Alúmina de San Cibrán. Diante da oposición dos traballadores e veciños foron trasladados ao porto de Amberes.
O goberno galego decidiu trasladar á poboación de Fisterra, Cee e Corcubión (arredor de 15.000 persoas) a Santiago para o que empregaron 700 autobuses. Como consecuencia da parada dos fornos a planta de Aluminio sufriu grandes desperfectos que costaron 120 millóns de euros
A carga química do Casón:
-Produtos inflamables: xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona.
-Produtos tóxicos: aceite de anilina, difenilmetano, o-cresol, dibutilfalato
-Corrosivos: ácido fosfórico, anhídrido alifático.
Algúnhas fontes din que tamén levaba materiais radioactivos como radio e uranio.
Un dos produtos que causou máis problemas foi o sodio. Un elemento químico que ao entrar en contacto coa auga arde formando sosa caústica (hidróxido de sodio) e hidróxeno provocando explosións e unha nube tóxica.
http://youtu.be/6m-wS_p5wwI