Novos terremotos en Chile

Os dous sismos máis intensos do ano 2014
5 Abril 2014
terremoto Chile-2014

O 1 de abril rexistrouse en Chile un sismo de magnitude 8,2 con epicentro a 10 km de profundidade, a 99 kilómetros ao noroeste de Iquique e a 449 km ao suroeste de La Paz (Bolivia).

Nos días seguintes rexistráronse numerosas réplicas, a máis intensa na madrugada do día 3, cunha magnitude de 7,8 graos, con epicentro localizado a 2012 km ao oeste de Iquique. Ata o momento rexistráronse na zona 262 tremores, 29 perceptibles e 10 cunha magnitude de máis de 6 graos.

Este terremoto ocupa actualmente o posto séptimo a nivel mundial desde que existen instrumentos de medición. Na mesma zona produciuse en 1960 o de Valdivia que ocupa o primeiro posto, cuncha magnitude de 9,5 graos. Esta intensa actividade sísmica prodúcese nunha das zonas máis activas da Terra onde ten lugar o choque das placas tectónicas de Nazca e Suramericana.

Como consecuencia do terremoto producíronse tsunamis con ondas de ata 2,13 m na costa de Iquique e nalgúns portos de Xapón rexistraron ondas de ata 40 cm. Houbo seis mortes, máis de 900.000 persoas evacuadas e numerosos desperfectos. Agora a poboación está pendiente de que se produzan máis movementos e facendo fronte aos problemas de transporte, vivenda e subministros de alimentos e enerxía. A cidade máis afectada é Alto Hospicio onde quedaron destruídas 500 vivendas.

terremoto Chile-2014-m