Novos avances na descontaminación de metais pesados

30 Xuño 2013
Contaminación metais pesados

Un grupo de científicos españois da Universidade de Salamanca e un grupo de investigadores Mexicanos levaron a cabo un estudio para levar a cabo a descontaminación de aguas con metais pesados procedentes de zonas minerais mediante o emprego duns extractos de plantas. Esta técnica está deseñana para ser empregada principalmente en zonas mineiras e está sendo provada actualemente en México.

Esta técnica consiste na utilización de biosurfactantes de orixe vexetal, que son substancias en solución que poden mudar a naturaleza hidrofílica dun sistema a hidrofóbico, eliminando desta maneira a afinidade dalgúns elementos ás moléculas de auga puidendo separar os metais pesados diluídos na auga, incluso aquelas partículas que non son visibles.

A utilización de surfactantes de orixe vexetal produce un descenso considerable do custo do proceso xa que se aproveitan os subprodutos desechados do campo, ao contrario con outras técnicas de descontaminación das augas con metais pesados que eran moi costosas.

Actualmente estase estudiando a posibilidade de trasladar este proceso a España para que sea aplicado nas nosas augas. Polo tanto, estase a buscar unha planta que conteña unha gran concentración de saponinas, necesarias para levar a cabo o proceso.

Este é un gran avance para a descontaminación das augas, xa que a contaminación por metais pesados é moi perxudicial para a saúde ao non poder o ser humano eliminar eses metais pesados. Isto desencadea o fenómeno da bioacumulación que pode producir unha grave intoxicación e incluso a morte.

Esta contaminación en metais pesados non afecta aos seres vivos máis pequenos xa que debido ao seu pequeño tamaño e a súa curta duración de vida non chegan a acumular gran cantidade de metais pesados. Non obstante, os depredadores deses seres vivos si son afectados e sofren este proceso.