Novo xabón propio das Rías Baixas
A preparación do xabón é unha das máis antigas reaccións químicas coñecidas. Adoitaba ser unha tarefa caseira empregando cinzas vexetais e graxas animais ou vexetais. Posteriormente substitúense as cinzas por álcalis (sustancias cáusticas que se disolven na auga formando solucións con un Ph superior ao 7 neutro).
As graxas e aceites son ésteres formados por alcohol e ácido. As sustancias graxas descompóñense producindo unha reacción química denominada saponificación que ten por resultado xabón e glicerina. Para que a saponificación se produza é necesario engadirlle sosa á mestura graxa. Se a sosa é sódica obtense un xabón sólido e duro, se é potásica o xabón obtido é branco ou líquido como por exemplo a crema para afeitar. Unha vez producida a saponificación sálase a mestura para separar o xabón da glicerina, isto ven seguido dun proceso de cocción, de amasado, arrefriamento e secado lento. Os xabóns industriais adoitan conter produtos químicos e aditivos como esencias.
Na nosa comarca naceu un novo tipo de xabón que ten a peculiar esencia do viño Albariño. Este axuda a protexer a pel das agresións externas, rexenera células mortas, estimula a produción de coláxeno e é un dos maiores antioxidantes. Dise que se están a producir nunha adega local.