Novo tsunami en Indonesia

A erupción do volcán Anak Krakatoa, seguida dun corremento de terra, provocou a onda xigante
7 Xaneiro 2019
Tsunami provocado pola erupción do Anak Krakatoa

O 22 de Decembro do 2018 tivo lugar un tsunami no estreito de Sonda, nas illas de Indonesia, concretamente entre a illa de Xava e Sumatra, poucos días antes do 14 aniversario do gran tsunami que arrasou as costas de varios paises ribeireños do Índico. Neste caso, o tsunami non foi causado por un terremoto, senón polo erupción do volcán Anak Krakatoa, que se atopa neste estreito. Debido a erupción do Anak Krakatoa, houbo un derrubamento superficial do cono volcánico que desencadeou un corremento de terra submarino xerando o tsunami.

 

Esquema causa tsunami estreito de Sonda

Xa que este tsunami non foi provocado por un terremoto non se puido previr e causou a morte dunhas 437 persoas e varios miles de feridas e desprazadas.

O Anak Krakatoa formouse en 1928 na caldeira (gran depresión causada pola explosión dun volcán) do seu antecesor, o Krakatoa. Localízase cerca da rexión de subdución da placa indoaustraliana coa placa euroasiática. Debido ao derrubamento dunha parte do volcán, a altura que tiña de 340 metros sobre o nivel do mar veuse reducida a uns 110 metros.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=Wlt-Aig23ek&feature=youtu.be