Un novo terremoto en Turquía
3 Novembro 2011
O luns 23 de outubro rexistrouse en Turquía un terremoto de 7,2 graos na escala de Ritcher.
O epicentro localizouse en Tabanli e as zonas máis afectadas son a rexión central e parte da leste de Turquía. O tremor produciuse a20 kmda superficie como consecuencia do choque da placa Arábiga e a Euroasiática e a falla de Anatolia. Días despois produciuse outro tremor de intensidade 5,4, na fronteira con Irak.
Calcúlase que houbo 550 mortes, máis de 500 edificios derrubados e numerosas perdas económicas. A cidade de Ercis foi a máis afectada. 108 horas despois do terremoto foi rescatado un xove de debaixo dos entullos.