Un novo sensor detecta a presenza de proteínas infecciosas no sangue

3 Febreiro 2012
prión

Imaxe dun prión ampliada dende un microscopio

A principal aplicación dun novo sensor óptico desenvolvido por un equipo de científicos españois e estadounidenses é detectar a presenza de proteínas infecciosas chamadas “prións” no sangue antes dos primeiros síntomas.

Este avance supón unha rápida detección de enfermedades tanto en animais como en persoas.

O método consiste en mergullar un supercristal co sensor óptico nunha mostra de plasma ou sangue centrifugada. O sensor, que xera un campo eléctrico extremadamente alto no cristal, fai que poidamos obter de forma ampliada o sinal que rebota nos prións.