De novo as mareas vermellas!!

4 Xaneiro 2012
marea vermella

Todos os anos en outono e nos comezos do inverno aparecen as mareas vermellas nas nosas rías que obrigan a pechar algúns polígonos de bateas e a extremar as precaucións coa depuración dos moluscos. Pero, que son as mareas vermellas?

As purga de mar ou mareas vermellas, chamadas así pola cor que colle a auga, aínda que tamén pode ser laranxa ou castaña. Prodúcese polo crecemento descontrolado das poboacións de dinoflaxelados, uns seres microscópicos do reino Protista, semellantes ás algas. Non se saben moi ben as causas da súa aparición en determinadas zonas; pode ser o aumento de temperatura das augas, a contaminación, cambios na luz...

Os dinoflaxelados producen unha toxinas que pasan ao corpo dos moluscos que se alimentan deles e poden facer dano ás persoas que os consumen

As toxinas que afectan ao ser humano son principalmente tres: DSP ou diarreica, que produce fortes diarreas; PSP ou paralizante que pode chegar a causar a morte, e ASP ou amnesica, culpable entre aoutras cousas de fallos na memoria.

Este ano están sendo especialmente intensas, aínda que foi peor o 2005.

Todo o marisco (moluscos bivalvos) que se comercializa debe pasar obrigatoriamente por depuración para garantir a seguridade dos consumidores.

Algunha curiosidades:

-Os estudos fósíles indican que as explosións masivas de fitoplanto xa se producían hai 100 millóns de anos.

-As primeiras mareas vermellas das que se ten noticia déronse no Antigo Exipto. É posible que a cita do Antigo Testamento sobre as augas do Nilo vermellas faga referencia a elas. 

-As primeiras referencias a mareas vermellas en Galicia son do ano 1919. Os primeiros estudos fíxoos o ecólogo Ramón Margalef en 1956.

-Na páxina web de INTECMAR pódese consultar a situación en tempo real.