Novo fracaso no Cume do Clima en Varsovia
O 11 de novembro comezou o décimo noveno cume da ONU sobre o clima en Varsovia, inicialmente estaba prevista ata o 22 de novembro.
Expertos de 194 países trataran de preparar un acordo sobre cambio climático para que sexa firmado como moi tarde na cume de París de 2015. Este acordo pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Se se aprobara en 2015 empezaría a aplicarse en 2020.
Países como Canadá, Xapón e Australia opuxéronse ó establecemento dun mecanismo que compense as perdas e os danos derivados dos grandes impactos do cambio climático, e países como Arabia Saudí, Pakistán, Malasia ou China que se comprometeran a asumir compromisos de reducción de emisións no acordo de 2015, bloquearon as negociacións.
Ó acabar o cume os países deberan facer un análise das súas emisións para poder propoñer a súa contribución na reducción de emisións no cume de Lima de 2014
Emisións de CO2 dos países que superan os mil millóns de toneladas:
- China: 8,715.3
- EEUU: 5,490.6
- UE: 3,838,6
- Rusia: 1,788.1
- India: 1,725.8
- Xapón: 1,180.6
Greenpeace e WWF anunciaron o xoves 14 que abandonarían o cume porque "non leva a nada".
“As organizacións abaixo firmantes solidarizámonos cos millóns de afectados polo tifón Haiyan e con todas as persoas afectadas polo clima. A nosa solidaridad obliganos a decir a verdade sobre a COP 19 - a Conferencia sobre el Clima de Varsovia.
A Conferencia sobre o Clima de Varsovia, que debería ter sido un paso importante na transición xusta cara a un futuro sostible, está na vía de non conseguir prácticamente nada. De feito, as accións de moitos países ricos aquí en Varsovia están socavando directamente a propia Convención, que é un importante proceso multilateral que debe tener éxito se se quere solucionar a crise climática global."