Un novo elemento na táboa periódica: o ununpentio

6 Novembro 2013
ununpentio

Físicos da Universidade de Lund (en Suecia) determinaron o pasado agosto  a existencia dun elemento químico ata agora descoñecido. Recibe o nome provisional de ununpentio (nome que designa o lugar que ocupa na táboa periódica en latín) e o seu símbolo é Uup. Este elemento ten como número atómico o 115, pertence ao grupo de metais superpesados e é de vida breve. A existencia do ununpentio xa fora investigada por científicos rusos dende hai dez anos, pero foron os suecos quenes confirmaron os seus experimentos grazas á súa emisión de raios X, emisión que é característica de cada elemento. Os especialistas coinciden en que os usos prácticos deste elemento son moi reducidos debido ao seu curto tempo de existencia (menos de un segundo). Os elementos novos son evaluados polos membros da “Unión Internacional de Química Pura e Aplicada” e da “Unión Internacional de Física Pura e Aplicada”, grupos que precisan da verificación de dous laboratorios para que a incorporación do elemento sexa oficial, e que serán quenes decidan tamén o seu nome definitivo.

Como se obteñen os elementos novos?

Como ben dixemos, o número atómico deste novo elemento é o 115. O número atómico dos distintos elementos está relacionado co seu peso, xa que indica o número de protóns que ten cada átomo. O elemento natural máis pesado é o Uranio (92 protóns) e todos os elementos que o seguen na táboa periódica foron creados polo ser humano mediante a fusión nuclear. A fusión nuclear consiste en disparar unha descarga dun elemento existente a outro elemento existente esperando o resultado do choque entre eles. No caso do ununpentio, os elementos utilizados foron o americio (Am) e o calcio (Ca).