Novembro 2010
É o undécimo e o penúltimo mes do ano e ten trinta días.
O nome significa noveno, polo lugar que ocupaba no antigo calendario romano. Non había xaneiro nin febreiro e era o noveno mes.
Os día máis sinalados son o 1, Día de Tódolos Santos, o 2, Día dos Defuntos ou dos Mortos, o 9, conmemoración da caída do Muro de Berlín (1989), o 11, do remate da Primeira Guerra Mundial (1918), o 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
A flor de novembro é o crisantemo e a pedra o topacio.
Seguen caendo as follas das vides e das árbores, e chegan moitas aves do norte a pasar o inverno. Por todas partes vense estorniños agrupados.
Pódanse as viñas, páñanse as castañas, péscanse centolos e zamburiñas e faise a matanza do porco.
Producíronse as primeiras xeadas. Houbo varios temporais fortes o 9 e o 10 (Becky), con ventos de ata 120, 5 km/he ondas de 13 m, o 13, con rachas de vento que acadaron os 110 km/hcon chuvias de 80 l/m2 e o 20, con ventos de 112,7 km/h e 42 l/m2. Choveu 22 días, o 27 e 28 houbo fortes nevadas e pouco faltou para que nevara en Cambados.
TRADICIÓNS
As principais tradicións son o recordo aos mortos visitando os cimeterio e levando flores e lámpadas, pedir o defuntiño e poñer cabazas talladas con velas no interior, matar o porco, facer
magostos e xogar aos trompos
Refraneiro
-Se queres ter allo fino prántao no Sanmartiño
-No San Martiño xa se coñece o bo viño
-Polo San Martiño mátase o porco e próbase o viño
-A todo porquiño lle chega o seu Sanmartiño
-Ditoso o mes que comeza por Santos e remata por San Andrés.
-Por San Martiño, trompos ao camiño
-Por San Andrés, trompos outra vez.
-De Santos ao Nadal é inverno natural.
-O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño.