Novas sobre o cuco
O cuco é unha ave da familia Cuculidae, que se caracteriza polo parasitismo da súa conduta reprodutora.
Os cucs son aves de 34 cm de lonxitude e patas fortes; a cola é longa e escalada con manchas brancas. Teñen dúas fases de coloración, unha gris e outra acastañada. Poden chegar a idades de 16 anos. Viven en espazos naturais con lugares axeitados para pousarse. A súa fonte principal de alimentación son os insectos. A época de poñer ovos vai de maio a xullo e as femias poñen cada ovo nun niño distinto. No momento axeitado, a femia vai ó niño escollido e saca un dos ovos e pon o seu.
Respecto o seu parasitismo, os cucos adoitan utilizar os niños dos corvos para poñer alí os seus ovos, e así poder desentenderse deles. Para os corvos, este feito ten cousas positivas, xa que os polos dos cucos axudan a afastar os seus depredadores. Isto débese a que os polos de cuco emiten unha mestura de ácidos, índoles, fenois e varias clases de sulfuros pestilentes que fan que os depredadores non se acheguen a eles.
Un estudo sobre os cucos e os corvos ilustra que a distinción entre o parasitismo, onde unha especie se aproveita doutra de maneira impune, e o mutualismo, onde os dous sacan algo do intercambio, pode ser moi difusa. Os resultados dos científicos axudan a explicar que se o cuco fose un mero parásito, cabería esperar que os corvos desenvolvesen defensas contra a súa “invasión” ou ben se extinguirían.