Novas imaxes do rinoceronte de Xava

8 Decembro 2011
rinoceronte de Xava

Hai uns meses o Fondo Mundial para a Natureza conseguiu grabar imaxes de rinocerontes de Xava, unha femia coa súa cría, e máis tarde outra cría.

O rinoceronte de Xava é un dos mamíferos en perigo de extinción máis esquivo e peor coñecido do mundo e non sobrevive en catividade. Os últimos atópanse en Indonesia. Calculan que hai uns 60 exemplares, a maioría na densa selva do parque Ujung Kulon, situado ao oeste de Xava. O resto atópanse en Vietnam, pero alí non se poden reproducir. O rinoceronte de Xava ten unha altura media de 1,50 m e unha lonxitude de 3 m. Ten unha grosa pel de cor gris con aspecto de armadura. Foi descuberto a finais do século XIX e os seus costumes aínda son moi descoñecidos. É solitario e tende a evitar o contacto con outras especies. Para estudalo os científicos empregan cámaras con sensores de movemento ocultas na vexetación. Foi abundante en case todo o sudeste de Asia ata hai uns 50.000 anos. Recentemente acelerouse a súa extinción debido á caza e á eliminación das selvas onde habita. Ata hai pouco era cazado polos furtivos para vender o seu corno para facer pócimas chinesas e polo que se chegaba a pagar 30.000 dólares. Os técnicos do parque Ujung Kulon están tentando preservar a súa diversidade xenética e o seu hábitat para garantir a súa supervivencia

See video