Novas evidencias da existencia do «bosón de Higgs»

O CERN confirma un dos maiores descubrimentos no mundo da física
1 Abril 2013
CMS

Na revista do pasado mes de xaneiro incluíamos un artigo onde se explicaba o descubrimento por parte do Centro Europeo de Física de Partículas (CERN) de importantes probas da existencia do Bosón de Higss, a partícula máis buscada da historia da física.

A importancia desta partícula radica en que ten a propiedade de atraer e manter xuntas ao resto das partículas elementais que constitúen a materia visible do Universo.

O pasado 14 de marzo o CERN revelou novas probas de que a particula anunciada en xullo de 2012 pode ser o bosón de Higss despois de analizar moita máis cantidade de datos. A pesar de todo aínda se espera ter máis datos que confirmen esto con seguridade.

Nesa busca están ocupados os os responsables de ATLAS e CMS -dous experimentos do Gran Colisionador de Hadrones (LHC) que traballan de forma paralela, aínda que independiente, na busca da mesma partícula. Para determinar se é o Bosón de Higgs do Modelo Estándar, os experimentos ATLAS e CMS teñen que medir con precisión a taxa na que se desintegra noutras partículas e comparala coas prediccións teóricas. A dificultade maior está en que a detección deste bosón é un suceso moi raro e ocorre nun caso por cada billón de colisións de protón-protón.

Segundo declaración dos portavoz do experimento CMS, Joe Incandela “os resultados preliminares co conxunto de datos de 2012 son magníficos. Para min está claro que se trata dun Bosón de Higgs, aínda que queda un longo camiño para saber qué tipo de bosón de Higgs é”.