Nova partícula subatómica

6 Septembro 2012
barión

Os científicos que traballan no Gran Colisionador de Hadróns (LHC), Suíza, anunciaron o descubrimento dunha nova partícua subatómica: o barión neutro xi

Foi detectada en estado excitado, dado que directamente non foi posible, xa que é unha partícula moi inestable. Investigadores do CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas) afirman que xa se coñecía ou se presentía a súa existencia, pero só agora conseguiu ser demostrada. Isto pode ser fundamental para poder comprender a creación da materia.

Este descubrimento é imprescindible para confirmar a teoría sobre cómo se acoplan os quarks, os compoñentes da partícula.

O barión está composto de tres quarks, os cales teñen tres variedades, que uníndose en diversas combinacións forman partículas elementais observables. O barión non ten carga eléctrica e a súa masa é comparable á de un átomo de litio (6,94 u).  Estes coñecementos permiten aos científicos esperar máis descubrimentos deste tipo nun futuro.