Nova fauna mariña en Castela-León
3 Marzo 2011
A Xunta de Castela León inclúe dous mamíferos mariños no seu catálogo de especies vulnerables (sensibles pero aínda algo comúns). Phocoena phocoena (toniña) e Physeter macrocephalus (cachalote).
Estas dúas especies aparecen recollidas na relación de mamíferos ameazados no Programa de Desenvolvemento Rural 2007-1013, actualizado en decembro de 2010. Un programa cofinanciado polo FEDER e aprobado pola Unión Europea.
Así é como se fan os informes cos cartos de todos. Sobran os comentarios. Recórdanos a un informe para a construción do encoro do Umia que decía que había voitres, meloncillos leonados e outras especies raras en Caldas.