Nova alternativa

3 Febreiro 2012
cervexa

Investigadores da Universidade de Cádiz, desenvolveron un proceso para o aproveitamento do residuo da industria cerveceira, centrado na produción de biocombustibles, alimentos funcionais e cosméticos. Segundo explican os investigadores, as fábricas de cervexa xeran unha serie de residuos que, tratados convenientemente, poden ser utilizados para a obtención de  biocombustibles e produtos de alto valor engadido. Estes últimos poden utilizarse na industria agroalimentaria ou na elaboración de cosméticos.

Os residuos deste tipo de industria, conteñen lípidos, proteínas, carbohidratos e outros compostos interesantes. A única limitación ó seu uso como precedente dos biocombustibles, radica na rendibilidade económica do seu proceso de obtención e a calidade destes.

cervexa-bagazo

bagazo de cervexa

Con esto, conseguiríase sacar proveito a algo que non tiña ningún valor comercial e que ata a data estábase utilizando principalmente como penso para o gando vacún e ovino. Unha saída moi pouco rendible para estas industrias xa que o prezo de venda do bagazo é en moitas ocasións simbólico a condición de que lles retiren este residuo no menor tempo posible ou cubra o custo do transporte.