A nosa biografía a través dos ósos

5 Abril 2012
bolboreta monarca

Bolboreta Monarca

Data do 2001 o descubrimento, no río Támesis, dun corpo dun neno africano duns 6 anos, sen cabeza, pernas nin brazos.

O chamado caso do torso de Adán. Sen embargo, púidose resolver tan complexo caso grazas a unha novedosa técnica que usa os isótopos como medio de coñecemento. Esta técnica compara a proporción de isótopos estables, os que non se descompoñen co tempo, cos presentes no entorno.

Foi o xeólogo forense Ken Pye, quen proporcionou ós investigadores do caso unha ferramenta microanalítica denominada espectometría de masas, para estudar ditos isótopos. Os animais incorporamos ó noso corpo os isótopos estables cando nos alimentamos, e permanecen aí durante moito tempo. Por este motivo, os nosos ósos reflicten o lugar onde vivimos os últimos anos, meses e incluso días. Revelouse, deste xeito, a presenza de isótopos estables coas características propias de África occidental e Londres, pero dunha maior proporción eran os de África occidental, máis concretamente de Nixeria.

Pero non só dos ósos se pode obter este tipo de información. As proporcións isotópicas de carbono, nitróxeno, osíxeno e hidróxeno tamén están presentes en unllas e cabelos, por exemplo. A través disto, pódese establecer se unha persoa vive en España ou México, simplemente estudando a proporción de isótopos no seu cabelo.

As aplicacións desta nova técnica están moi avanzadas. Ademais da ciencia forense e da arqueoloxía, tamén se usan no estudo do medio ambiente, migracións de animais, consumo de drogas, etc. Unha ferramenta fundamental que permite levar a cabo todos estos estudos está desenvolvida polo grupo de Jason West. Este constrúe mapas que reperesentan a distribución espacial das proporcións de isótopos en diferentes partes do mundo.

Por exemplo, o rastro isotópico xa se usa para estudar as migracións dalgúns animais terrestres como a bolboreta monarca, e agora estase comezado a usar, tamén, en animais mariños.