Por que nos emborrachamos?

12 Xaneiro 2013
alcohol

O alcohol é unha substancia química, cuxo nome científico é etanol ou alcohol etílico, que esta presente en todas as bebidas alcohólicas. Sempre existe un nivel de etanol en sangue, que procede da fermentación das bacterias da nosa flora intestinal.

Cando consumimos alcohol, toda unha maquinaria de reaccións bioquímicas comezarán a producirse no noso organismo. Primeiro, o alcohol convértese en acetaldehido por acción dunha enzima denominada Alcohol deshidroxenasa. Posteriormente, o acetaldehido transformarase en ácido acético, por acción doutra enzima chamada Aldehido deshidroxenasa. En todas estas reaccións xenérase poder redutor (equivale a unhas moléculas chamadas NADH)

A tolerancia ao alcohol depende en gran medida dos niveis de enzima aldehido deshidroxenasa mitocondrial que presente o individuo.

É decir, unha vez que hai alcohol no organismo, habería 5 substancias químicas que van a actuar: o etanol que non haxa reaccionado, o acetaldehido, o ácido acético, os aditivos que acompañan o etanol nas bebidas (xeralmente achegando sabores) e o poder reductor (NADH)

alcohol1

1.Etanol que non haxa reaccionado: afectará á fluidez das membranas biolóxicas, polo que dificulta a tranmisión do impulso nervoso. Por iso, pensar ou razoar é máis complicado do habitual cando se esta ebrio.

3: Ácido acético (ou acetato). Provoca a retroinhibición da “beta”-oxidación dos ácidos graxos, de xeito que se acumulan as graxas no fígado.

4: Aditivos de algunhas bebidas alcohólicas: son inhibidores da enzima implicada na tolerancia do alcohol, a aldehido deshidroxenasa. Polo que se esta enzima se bloques polo consumo elevado de alcohol, chegará un momento que o noso corpo teña que eliminar o exceso de etanol por unha vía alternativa á química. Este método son os vómitos propios das situacións nas que o consumo de alcohol foi excesivo.

5: Poder reductor (NADH): o poder redutor é usado polas células do organismo para transformar a testosterona en estradiol (un estróxeno). Ao aumentar os niveis de estróxenos, aumenta o apetito sexual, sen embargo, como os niveis de testosterona diminúen, aumenta a impotencia sexual.

En definitiva, o alcohol non deixa de ser unha subtancia química e o noso organismo un laboratorio. Polo tanto, os efectos do alcohol, non son máis que consecuencias das reaccións químicas que se producen cando esas moléculas do vodka, whisky ou a cervexa viaxan polo noso sangue ata as nosas células.