Por que non se mesturan a auga e o aceite?

22 Marzo 2013
auga-aceite

A auga e o aceite non se mesturan, cando o aceite e a auga entran en contacto non se disolven. Por que ocorre isto?

A auga disolve máis substancias que calquera outro líquido, polo que se lle chama “solvente universal”, pero existe unha familia de substancias que a auga aborrece e evita invariablemente: os aceites. Nin tan sequera a auga se achega o suficiente a una pinga de aceite para mollala. A razón disto atópase na súa propia natureza.

Cada molécula de auga está formada por tres átomos: dous de hidróxeno e un de osíxeno (H2O). Esta molécula está formada por enlaces covalentes, que consiste en compartir electróns da capa de valencia. Neste composto, o osíxeno presenta maior electronegatividade co hidróxeno, é dicir, tira máis polo electrón que comparten. Entón, xera un dipolo (separación de carga), no osíxeno xera unha densidade de carga negativa e no hidróxeno una densidade de carga positiva. Polo que é un enlace polar, e debido a súa xeometría, molécula angular, é una molécula polar. Por outra banda, o aceite é un composto químico orgánico, formado por grandes moléculas integradas por moitos átomos de carbono e hidróxeno, carecendo de átomos de osíxeno. Non son en absoluto substancias polares, polo que non posúen ningún atractivo para atraer a unha molécula de auga. Sería similar a achegar un imán a un anaco de madeira, non ocurriría nada. En termos xerais pódese esperar que unha substancia dada, se pode disolverse en algo, disolverase en aceite ou en auga, pero non en ambas substancias. Así o sal e o azucre disólvense en auga e a gasolina e as ceras en aceite.

auga-aceite-1

Só cando unha substancia estea formada por ións ou moléculas polares (similares as da auga) poderán chamar a súa atención. Primeiro mollaraa, a engulirá despois e, finalmente, acabará por disolvela. Ademais da atracción mutua das moléculas polares, existe outra clase de atracción moi importante entre as moléculas da auga; os enlaces de hidróxeno. As substancias que presenten unha disposición favorable a establecer estes enlaces de hidróxeno son propensas a disolverse en auga.