Non nos volvemos X-men por usar o microondas
A gran maioría de nos (por non dicir todos) temos un aparato no que quentamos, ou nos quentan, o leite ás mañans, quentamos as pizzas ou usámolo para fins moi parecidos.
A pregunta xurde cando despois de estar saturados por tantas historias nas que persoas correntes, ó seren expostas a radiación convertense en superheroes ou cando nos ven a memoria Chernobil, ou máis actualmente Fukushima, pódenos afectar a radiación do microondas?
O microondas que temos na casa o único que fai e mover as moleculas dos líquidos producindo unha calor que chega a penetrar nos alimentos a uns 2′5 cm.
Xa que estes microondas non rompen enlaces químicos a maior transformación que podemos conseguir nun alimento e que se queime como moito. Como fai isto?: cun “magnetrón” situado detrás dos controis de tempo e temperatura que emite as ondas que un ventilador espalla por toda a cavidade onde nós introducimos os alimentos. Un procedemento simple e potente.
Aparte disto, os microondas teñen un sistema para que as ondas non vaian mais alá do recinto destinado a quentar, e os métodos que incorporan para que o abriren a porta as emisións paren aseguranos unha recepción de microondas nula. Nula tamen é a cantidade de microondas que nos poderían chegar a nos aínda que sempre hai que ter conta que o noso electrodoméstico está en boas condicións xa que unha prolongada exposición dun electrodoméstico como este mal illado pode causar problemas.
A pesar de todo isto non e saudable quentar todo no microondas xa que, como din as nais, é mellor unha comida cociñada ó estilo tradicional.