No trinta aniversario de Álvaro Cunqueiro

3 Marzo 2011
Cunqueiro

O día 28 de febreiro cumplírose trinta anos da morte de Álvaro Cunqueiro, un escritor galego que nos deixou fermosos relatos nos que aparecen por todas partes referencias á natureza galega, nas historias, nos persoaxes, e innumerables seres imaxinarios ricamente fabulados e perfectamente integrados no ambente e na tradición.

Pideu que na súa sepultura figurase a frase: "Eiqui Xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que di, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".

No seu recordo achegamos un breve relato.

Gatipedro

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama.

gatipedro

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.