No teu recordo, Margulis

4 Xaneiro 2012
Margulis

O pasado novembro faleceu Lynn Margulis, unha das biólogas que fixo máis importantes achegas á ciencia contemporánea.

Lynn, esta célebre bióloga estadounidense naceu a comezos do ano 1938. Ao rematar os estudos no instituto, incorporouse á universidade con apenas dezaseis anos; e catro anos máis tarde, xa tería rematada a carreira de ciencias. En 1963 rematou o máster e doctorouse, especializándose na rama científica que marcaría a súa carreira, a xenética.

Margulis centrou a súa investigación no estudo das bacterias, dende o punto de vista da evolución biolóxica e o desenvolvemento da vida no planeta Terra. O principal postulado do seu estudo foi o parecido das bacterias cos microorganismos das células eucariotas. 

A súa investigación comezou tras recopilar toda a información que puido sobre este tema, interesándose nos estudos de outros científicos anteriores. Polo tanto, Margulis, pretendía afirmar a hipótese sobre a orixe dos orgánulos das células eucariotas en microorganismos bacterianos. Este feito producía unha relación de simbiosis, dándo lugar á Teoría da Simbioxénese.

Actualmente, coñécese que as células procariotas, foron os primeiros habitantes do planeta Terra, pero tras diferentes feitos e consecuencias, apareceron células moito máis desenvolvidas, con orgánulos e membranas protectoras; as chamadas células eucariotas.  Estos organismos, orixínanse a partires da incorporación de bacterias dentro da célula, tal e como expresa Margulis na súa Teoria Endosimbiótica.  Grazas a este proceso, as células melloraron de tal maneira que a vida terrestre eclosionou de forma espectacular de xeito que se formaron catro dos cinco reinos nos que se clasifican os seres vivos. 

Lynn Margulis tivo que esperar varios anos para poder publicar as súas teorías. Cabe destacar a brillante carreira desta bióloga, falecida recentemente, a finais do mes de novembro, polas súas achegas á comunidade científica, tanto en artigos, libros e producións audiovisuais recoñecendo o seu mérito e dedicación de maneira internacional con numerosos premios e galardóns.

(video)