Neumáticos para descontaminar auga

22 Marzo 2013
neumáticos-carbón

Como xa sabemos, o presente ano 2013 é o ano internacional da auga, e pode ser unha boa ocasión para centrarnos nela. Pois ben, a auga, é o factor indispensable para a vida. Algo imprescindible que permite que todo sega o seu curso e que fai posible a habitabilidade da Terra.

Non obstante, na actualidade á auga non se lle da a importancia necesaria, por iso numerosos ecosistemas acuáticos, tanto marítimos como fluviais, están contaminados. Por esta razón, nos últimos anos saíron adiante estudios e investigacións que permitirán atopar un material para purificar a auga. A última innovación foi utilizar pneumáticos para este fin. Foron aproveitados pneumáticos que eran depositados en almacenamentos ou pneumáticos desbotados en lugares públicos, polo que o seu aproveitamento evitou que estes ocasionaran graves problemas no medio ambiente. O número estimado de pneumáticos reutilizados ronda os catro millóns e medio.

Aínda así, isto ten algúns problemas, xa que o caucho do que están feitas as llantas é complexo para degradar, e non é posible facelo sen contaminar. Por este feito, investigadores da Universidade de Bogotá, desenvolveron unha técnica que é capaz de consumir baixas cantidades de químicos e enerxía para obter carbón activado, produto que resulta indispensable para a purificación da auga. Este material pódese obter a partir de produtos que conteñan carbono en grandes cantidades, tales como residuos de froita, madeira ou carbono mineral.