A natureza tamén contribúe coa diminución de emisións

Metano e cambio climático
2 Febreiro 2013
metano

Despois do CO2, o metano é o segundo gas máis importante produtor do efecto invernadoiro. Estas emisións están causadas, en gran medida, polas actividades humanas, como poden ser os combustibles fósiles, a agricultura e a minería. Mais tamén hai fontes naturais de emisión deste gas, como poden ser os pantanos e humedais.

Segundo o doutor Paul Steele,  da división do CSIRO dedicada ás Investigacións Mariñas e Atmosféricas, o prolongado proceso de desecación de pantanos e humedais causado polo cambio climático, ocasionou unha redución na cantidade de metano emitida por tales terreos. É irónico comprobar como un feito como este causado polo cambio climático, contribúe a frear o mesmo.

Se non fora por este mecanismo da natureza, os niveis de metano atmosférico terían continuado subindo significativamente ó longo dos anos anteriores.

Mais se esta tendencia de desecación se invirte, e as emisións dos humedais volven ós seus niveis normales, o metano atmosférico aumentaría en gran medida, o que supría un empeoramento considerable do cambio climático.

Esta investigación o que fixo, foi realizar simulacións por ordenador de como o gas se transporta á atmósfera para así rastrear as principais fontes de emisión de metano, basándose nas medicións dos últimos 20 anos.

Deste xeito, seguindo os modelos dos pantanos e lodazais, o que intentan é deseñar estratexias eficaces na reducción de gas metano producido pola actividade humana.

Na análise das emisións destos últimos 20 anos, tamén se comprobou que o uso máis eficaz de gas natural no hemisferio norte, debido á mellora nos métodos de condución, contribuíu á diminución deste gas nos anos 90. Mais nos seguintes 10 anos houbo un aumento desta emisión causado, en grande medida, polo uso de combustibles fósiles do norte de Asia.

Ata o día de hoxe, as maiores reducións de fontes de metano creadas polo home, inclúen a condución por tuberías de gas natural, e a captura deste gas contaminante dos vertedoiros de lixo para xerar electricidade.