A natación
A natación é un deporte que consiste en desprazarse pola auga movendo os brazos e as pernas. Hai moitos tipos de natación: crawl, de costas, bolboreta, braza ou de peito e medley .
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; as persoas precisan desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.
As persoas non sempre usan a natación como deporte. Tamén se usa como traballo: recolectores de pérolas, algúns mariñeiros, científicos que investigan o fondo do mar, encargados de salvamento, técnicos, militares ... ).
A natación coñécese dende a prehistoria ( hai debuxos da idade de Pedra na caverna do Nadador, preto de Wadi Sora-Exipto). Hais referencias escritas desde hai 4.000 anos.
Formou parte dos Xogos Olímpicos desde 1896 en Atenas, e en 1908 creouse a FINA ( federación internacional de natación ). O estilo bolboreta foi desdnvolvido en 1930.
O obxectivo dunha competición de natación é saber quen é a persoa máis rápida. As competicións pódense facer no mar ou en piscinas. As piscinas de competición deben ter 50 metros de lonxitude, conter 8 rúas, cada unha de 2,5 metros, cun espazo mínimo de 20 centímetros a cada lado das raias externas e ter unha profundidade mínima de 1,35 m. A auga para as competicións debe estar entre 25ºC e 28ºC de temperatura. A competicións no mar chámanse travesías ou modalidade de augas libres.
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
-Un dos nadadores con máis récords do mundo en natación no mar (augas abertas) é David MecA. Foi o primeiro home en cruzar a nado a distancia entre a illa de Alcatraz e a badía de San Francisco. Nadou entre Gomera e Tenerife (8 horas), entre Tenerife e As Palmas (23 horas e 5 minutos), entre Xávea (Alicante) e Ibiza (25 horas e media), cruzou o estreito de Xibraltar (2 horas e 29 minutos)...
-O italiano Giovanni Brancato, de 55 años, percorreu a nado os 250 km que separan las costas de Túnez da illa Cerdeña en sete días, cun promedio de 30 km diarios en mar aberto.