Nas chamas das candeas fórmanse cada segundo 1,5 millóns de diamantes

3 Febreiro 2012
candea

Segundo un estudo da Universidade de St Andrews levado a cabo por Wuzong Zhou, nas chamas das candeas fórmanse pequenas partículas de diamante. 1,5 millóns de nanopartículas de diamante se crean nun segundo nunha candea mentres se queima.

Usando unha nova tecnica de mostraxe que el mesmo desenvolveu, Zhou foi capaz de eliminar as partículas do centro da chama (algo que nunca se lograra con éxito), atopándose que a chama da candea contén as catro formas reconocidas do carbono.

Na parte inferior da chama xa se sabía que existían moléculas de hidrocarburos, que se converten en dióxido de carbono na parte superior da chama. Agora, descubríronse nanopartículas de diamantes e carbono grafítico no centro da chama.

O descubrimento podería conducir a futuras investigacións sobre como os diamantes poderíanse crear de forma máis barata e dunha maneira máis ecolóxica. 

Wuzong Zhou

Wuzong Zhou