Nariga, outro lobo mariño en Galicia

2 Marzo 2012
Nariga

O Acuario do Grove acolle desde o 26 de febreiro a Nariga, un lobo mariño recollido en Punta Nariga (Malpica) o 14 de xaneiro.

Os lobos mariños nacen nas costas de Irlanda e algúns exemplares desorientados achéganse accidentalmente ás costas galegas.

Nariga, deshidratada e esgotada foi recollida pola CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e levada ás instalacións da Unidade de Recepción de Fauna e Coidados Intensivos que a Sociedade Galega de Historia Natural ten en Ferrol onde foi tratada durante uns días, desde onde foi trasladada ao acuario do Grove onde se espera que bote un par de meses ata a súa completa recuperación.

Máis información

See video