Nanopartículas

6 Septembro 2012
nanopartículas

Unha nanopartícula é una partícula microscópica cunha dimensión menor que 100 nm. Defínese como un obxecto pequeno que se comporta como una unidade completa en canto o seu transporte e propiedades.

Actualmente as nanopartículas son un área de intensa investigación científica, pola súa ampla variedade de aplicación potenciais nos campos biomédicos, ópticos e electrónicos. Estas investigacións xiran arredor do perfeccionamento de materiais existentes e a innovación de novos materiais.

Por exemplo, nanopartículas que, introducidas no sangue, reparan as neuronas; conseguir teas que se limpan só con tendelas ó sol, plásticos sen petróleo: aumentar a seguridade nos automóbiles; evitar que os alimentos se poñan malos; un sensor que detecta o Alzheimer e o Parkinson; un papel superabsorbente; converter un teléfono móbil en mergullable; nanosensores químicos… e todo tipo de avances.