Nanomotores eléctricos
Na competición por fabricar aparellos progresivamente máis pequenos, destaca a investigación, de científicos norteamericanos, por conseguir un motor eléctrico que funcione cunha soa molécula.
O desenvolvemento deste aparello permitiría novas investigación na medicina e enxeñería. Este motor ten un diámetro de un nanómetro, a millonésima parte dun milímetro; é dicir, 60.000 veces máis pequeno que un cabelo humano.
Durante os últimos anos, houbo numerosos avances na construción de motores impulsados pola luz ou reaccións químicas, pero é a primeira vez que se proba un motor con fonte de alimentación eléctrica. Os científicos que levaron a cabo este proxecto, demostraron que é posible proporcionar electricidade a unha molécula, e que consega realizar unha actitude que non sexa azarosa.
Para conseguir estos resultados, foi necesaria a utilización de microscopios de efecto túnel, de baixa temperatura; estes instrumentos utilizan electróns para observar as moléculas, en lugar de luz. A investigación consistíu en colocar unha molécula que contiña xofre, átomos de hidróxeno e carbono sobre unha placa de cobre, para logo alimentala con electricidade. Polo tanto, si se controlaba a temperatura, serían capaces de producir rotacións na molécula. Así, chegouse á conclusión de que a temperatura axeitada para guiar o motor e analizar os datos era de-232ºC.
Agora, despois destas aportacións, seguirán as investigacións para poder realizar unha unha fila de moléculas, para que estás traballen como una roda, mellorando o traballo deste motor.