A nanocelulosa

8 Novembro 2011
bananas

Un equipo de investigadores brasileños realizou un estudio sobre as propiedades das febras dos plátanos, para conseguir plásticos cos que fabricar automóbiles un 30% máis liviáns e resistentes que os actuais (que proceden do petróleo). 

Estes coches consumen menos e incorporan pouca cantidade de hidrocarburos nos seus compoñentes, ademáis de ser biodegradables. Estas febras son chamadas febras de nanocelulosa e os investigadores dictaminan que estarán no mercado nun prazo de dous anos.  

O plástico de nanocelulosa presenta ademáis outras vantaxes, como ser resistente ao calor, á gasolina e á auga. Polo tanto, pódese utilizar en salpicadeiros, parachoques ou paneis de automóbiles.

febra

A nanocelulosa provén da parede de células do exterior das prantas verdes, como a piña, as cáscas de coco, o ágave, a curaua ou o xa mencionado plátano.

Para a fabricación das febras, cócense os talos e as follas nun aparello similar a unha ola a presión, obtendo un pó branco. Por cada quilo que se produce deste pó, pódense crear 100 quilos de plástico.

Estas febras, combinadas con outros materiais, poden chegar a producir un plástico reforzado e cunha grande resistencia. Polo de agora, xa hai varias marcas comprometidas en utilizar estes materiais nas carrocerías dos seus vehículos, como Mercedes, Honda…

Esta innovación nos materias automobilísticos, polo tanto, presenta numerosas vantaxes, pero tamén o incovinte do seu prezo, que é demasaido elevado, aínda que os investigadores apuntan que a comercialización a gran escala reducirá este custo.