Nadal no Instituto Asorey

6 Decembro 2010
árbores Nadal

No Instituto Francisco Asorey tamén celebramos o Nadal.

Pola semana, no recreo, cantamos cancións de Nadal en distintos idiomas. Nalgunhas clases fixemos postais de Nadal. O Instituto estaba moi bonito e ata tiñamos unha árbore na entrada.

O último día fixemos un concurso de árbores de Nadal. Cada clase tiña que inventar unha árbore diferente. Habíaos feitos con follas secas, papeis, latas, DVDs., chapas de botellas… Todo unha demostración de imaginación e de reutilización de materiais.

Na miña clase empregamos cartón, DVDs, fotos nosas e de persoaxes (estrelas) da ciencia e figuras de papiriflexia.

Tivemos dúas horas para facer a árbore, logo saímos ao recreo e, despois de darnos as notas dixeron quen eran os gañadores do concurso de árbores. Pero a miña clase non gañou.

Foi un Nadal moi divertido!

árbores nadal-asorey