Musas das baterías
As cunchas en espiral dos caracois agochan un gran segredo que podería axudar moito no aumento da vida útil das baterías. Posúe un ingrediente encargado de controlar o seu crecemento, un péptido, una molécula inorgánica formada por aminoácidos, que pode axudar ao movemento dos electróns nas baterías dos móbiles.
Científicos da Universidade de Maryland (EEUU), usaron isto como cemento a escala nanométrica para mellorar as propiedades eléctricas dun cátodo. O conseguido polo momento aínda non é a construción dunha batería completa, senón só do cátodo; os resultados reflexan que co péptido integrado mellora as súas propiedades eléctricas fronte a un convencional.
Para atopar o péptido adecuado utilizaron un método coñecido como Phage display, un kit de millóns de péptidos desenvolvido por New England Biolabs, que permite encontrar o elemento axeitado mediante proba e erro. Este método consiste en someter a contacto o material do que se quere conseguir a afinidade con innumerables candidatos durante una hora a temperatura ambiente, ao finalizar, elimínanse as unións mais débiles e repítese o proceso tres ou catro veces máis, ata que só quedan os enlaces máis fortes.
O seu obxectivo a medio prazo consiste en presentar una batería funcional, que pretende ser máis lixeira, potente e duradeira que as actuais.