MUNCYT, un tesouro nacional

Abriu as súas portas en A Coruña o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
15 Decembro 2012
MUNCYT

O pasado mes de maio inagurouse na Coruña o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, que é a sede central de todos os MUNCYT instaurados en España.  Dito museo é coñecido como o Prisma de Cristal debido a súa estrutura externa. O seu interior caracterízase por ter estrutura arbórea xa que nun pasado tentouse instaurar unha escola de danza xunto co museo e por cuestións de son deseñouse dita estrutura. Sen embargo, a escola de danza nunca xudeu pero en cambio o museo si .Dito edificio é considerado un dos mellores proxectos de arquitectura contemporánea de feito a súa maqueta foi exposta fai anos no museo MOMA de Nueva York.

O museo alberga máis de 300 pezas que son patrimonio nacional e teñen un incalculable valor tanto a nivel científico como económico. Ditas pezas distribúense en seis salas diferentes, as máis destacadas son:

Jumbo MUNCYT

-          Sala Miscelánea, onde se expoñen como foron inventados obxectos como o velcro, a cremalleira, etc… Nesta sala tamén se expoñen  obxectos chegados doutros museos nacionais como o Citroën 5V,  un dos primeiros coches fabricados en serie en Europa.

-          Sala Maiúsculas , aquí mostrásenos pezas grandes como o primeiro acelerador de partículas que houbo en España, unha das primeiras lámpada do faro de Hércules unha das máis duradeiras, etc…

-          Sala Iberia, é a máis atractiva de todo o museo xa que mostra a cabina do Jumbo Lope de Vega que foi doado por Iberia e  tamén destaca a turbina dun Boeing 747.

-          Sala Innovación Española,  é un recuncho dedicado a todos os nosos grandes investigadores que foron merecedores do premio Jaime I.

 Cómpre destacar tamén a presenza de dous robots, Pepexan e Marilú que che dan a benvida ao museo e fanche unha síntese inicial do que posteriormente vas a ver. Tamén hai exposición internas como QWERTY que nos mostra a evolución que hai dende a máquina de escribir máis primitiva ata os ordenadores que coñecemos hoxe en día.