A muller no mundo clásico

Día Internacional da Muller
3 Marzo 2013
muller-c

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, unha tradición de máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Nesta revista queremos facer unha contribución con dous artigos que forman parte da exposición O lado máis humano da ciencia elaborada polo departamento de Latín e Grego do noso centro.

A primeira celebración do DÍA DA MULLER foi en 1909 nos Estados Unidos de América. En 1910 a Internacional Socialista reunida en Copenhague proclamou o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal. O ano seguinte celebrouse en Alemania, Austria Dinamarca e Suíza. Ademais do dereito de voto e a ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

A partir deses anos o crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración se xeneralizase a nivel mundial.

O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller. Noventa anos despois, aínda queda moito por mellorar. Está nas mans de todos e todas, institucións e individuos.

As dúas historias que presentamos pódennos facer reflexionar un pouco.

A MULLER NO MUNDO CLÁSICO. A MULLER É UN CASTIGO

Segundo a mitoloxía grega, Pandora foi a primeira muller do mundo e a primeira que casou .

Pandora

A historia de Pandora foi unha vinganza de Zeus a Prometeo por tentar enganalo e roubar o lume para darllelo aos homes. Zeus encadeouno ao Cáucaso, mentres un voitre lle roía as entrañas. Como non lle parecía castigo dabondo mandou crear á primeira muller mortal do mundo. Como a maltreita Eva da Biblia, a muller é considerada a responsable dos males da humanidade. Así que por orden de Zeus, Hefesto, o deus do lume, formou a estatua dunha doncela, e cada deus otorgoulle un don: Atenea botou unha vestidura branca e un velo sobre a imaxe, Hermes otorgou a fala á imaxe, e Afrodita daríalle todo o seu encanto amoroso. O engano era una tentación irresistible para o home…

muller-c1


O PRIMEIRO MATRIMONIO

Pandora dirixiuse cara a Epimeteo, o irmán de Prometeo, que quedou prendado da rapaza e levouna á súa casa. Portaba ela unha caixiña pechada, regalo de Zeus. Pero a muller, chea de curiosidade, ao igual que Eva que quería tamén probar do prohibido, abriuna e voaron dela todos os males. Asustada, deixou caer a cuberta. Só a esperanza quedou oculta no fondo da arca, co fin de que os homes non puidesen “esperar” as desgrazas que lles viñan. Eva e Pandora, costela ou figuriña fermosa, son o máis belo exemplo da misoxinia na Antigüedade e do medo que tiñan os homes á beleza feminina, ese mal necesario!!!

eva