Muíño de cuncha

7 Abril 2013
muíño cuncha

Durante moitos anos funcinou un Santomé un muíño de cuncha para facer fariña para mesturar cos pensos dos animais.

Entrevistamos a Mª Dolores Leiro Cacabelos, unha muller que traballou no muíño de cuncha e que nos facilitou as fotos antigas.

Naceu o 29 de xuño, en Cambados. O eu pai, Ramón, era mariñeiro, e a súa nai, Mª Dolores, redeira, ademais de ama de casa e outros moitos labores que se debían realizar naqueles tempos.

Aos once anos, despois de adquirir algúns estudos primarios, dentro do que era normal naqueles anos, e todas as ensinanzas da vida que os seus pais lle achegaron, comezou a traballar en diversas tarefas como carrexando ostras desde o varadoiro de Santomé a un almacén próximo, limpando as ostras mariscando…

Pero ao moído da ostra era o traballo ao que máis tempo adicaba, No muíño o seu labor consistía en carrexar as cunchas, despois de que estivesen secas, e botalas dentro da moa. Logo tiñan que filtrar nunhas grandes peneiras a fariña que caía no chan e enchela en sacos, pesalos e amorealos noutra parte do almacén. Adicouse a este traballo ata a idade de 20 anos, cobrando 16 pesetas á semana (aproximadamente 0,08 céntimos de euro), entre outras moitas tarefas que realizaba como ir burcar leña ao monte ou lavar a roupa.

muiño cuncha1