Morre Sherwood Rowland

5 Abril 2012
Sherwood Rowland

O pasado 10 de marzo faleceu ós 84 anos o científico gañador do Premio Nóbel de Química, Sherwood Rowland, coñecido tamén como ''Sherry''. Este científico foi o primeiro en determinar os procesos que destrúen e que producen o buraco da capa de ozono nos polos terrestres. Descubriu que cada molécula clorada de orixe industrial era capaz de destruír 100 millóns de molécules de ozono da atmosfera ao entrar en contacto coa radiacióm solar

Grazas ós estudos de Sherwood, levouse a cabo a firma do protocolo de Montreal no ano 1987, que prohibía o uso dos CFC (clorofluorocarburos), compostos químicos empregados en aerosois e refrixerantes, o cal mellorou a situación da atmosfera aínda que os danos xa efectuados perduran na actualidade e seguirán a acontecer durante décadas.

No ano 1995, Sherwood Rowland, xunto cos seus colaboradores Mario J. Molina e Paul J. Crutzen, recibiu o Premio Nóbel de Química, polo seu traballo sobre a capa de ozono.

Moitos científicos, nomean a Sherwood como o salvador da Terra, xa que o seu descubrimento e as consecuencias que levou consigo, evitaron unha catástrofe maior, xa que o ozono é necesario para a supervivencia da vida na Terra.