A montaña da "Porta Celestial"

A inspiración das paisaxes de Avatar
6 Septembro 2012
Tianmen

A montaña Tianmen, que en chinés significa Montaña da Porta Celestial, recibe ese nome pola enorme cova natural que se produce a metade de camiño cara o cume.

Forma parte do Paque Natural Wulingyuan (na Cordilleira de Wuling), declarado tamén Patrimonio da Humanidade e está situada ao norte da provincia de Hunan (China), preto da cidade de Dayong. A área protexida ocupa máis de32.00 ha.

A paisaxe está formada por unha sucesión de máis de 3.100 piares de rocha arenita, algúns con máis de800 mde altura. Ademais hai numerosas covas, barrancos e fervenzas, cunha rica biodiversidade.

Estas montañas serviron de inspiración desde hai miles de anos aos debuxantes e pintores chineses e, máis recentemente ao director James Cameron para deseñar as paisaxes da película Avatar. Son tamén un centro de atracción para acrobacias aéreas. En 1999, os ases de acrobacias aéreas internacionais voaron a través da Cova Tianmen. En 2006 fíxoo o grupo de Voo Acrobático da Forza Aérea de Rusia. 

Video:

See video