Moi frío, moi seco

4 Abril 2012
Moi frío, moi seco

Este pasado mes de febreiro fixo frío, si, de seguro que todos o notamos, pero cómpre sinalar que foi, de feito, o febreiro máis frío dende 1956.

A temperatura media na península foi, en xeral de 6 ºC, 2’5 ºC por debaixo da media. Se isto xa resulta alarmante, chegáronse a rexistrar temperaturas inferiores a -10 ºC, e as máximas só chegaron a superar os 20 ºCnesta última semana en zonas do levante. As condicións de temperatura extremas chegaron a provocar incluso mortes entre as persoas que non teñen fogar.

En Galicia especificamente a temperatura media baixou en2 ºCou3 ºC, e ata5 ºCnoutras zonas da costa norte.

frío-feb2012

Se pensar que foi o mes máis frío no fose suficiente, febreiro tamén foi o máis seco dende principios do novo milenio. As precipitacións foron moi escasas, baixando un 30% do que é normal nestas datas, excepto nalgunhas zonas do norte da península como Asturias, Cantabria e parte do norte da comunidade de Castela e León, onde só nos últimos días do mes de febreiro rexistráronse certas precipitacións que alcanzaron sobre os200 mm, cantidade moito menor ca a habitual.

Esta alarmante situación ten que empezar a facernos reflexionar sobre se realmente o cambio climático está a deixar as primeiras pegadas no noso clima.