A minería en Galicia de novo a debate
Planeando un proxecto mineiro moi ambicioso en Galicia. A compañía Solid Resources España (http://www.bnamericas.com/company-profile/es/Solid_Resources_Ltd,-Solid), filial da compañía canadense Solid Resources Ltd. queren explotar unha antiga mina de estaño na que levan una década facendo probas e sondaxes, chegando a conclusión de que se atopa un xacemento de coltán “ouro gris” (http://es.wikipedia.org/wiki/Coltan), moi importantes nas tecnoloxías móbiles.
A decisión de permitir o proxecto atópase enmarcada na polémica da megaminería (http://www.scarfive.com.ar/general/sobre-la-megamineria/) en Galicia. A pesares disto a empresa canadense afirma que en ningún caso se farán explotacións a ceo aberto nin se fará uso de produtos químicos no procesado dos minerais. Tamén promete “deixar o monte como está” reenchendo os túneis co mineral innecesario extraído.
Isto supón grandes garantías para o medio ambiente, pero aínda a pesares disto as casas do pobo atópanse a arredor de 500 metros da que sería a explotación, e os veciños están preocupados polos ruídos que poidan provocar as explosións nos túneis da mina, pero xa se está a barallar a posibilidade de crear barreiras vexetais que poidan suavizar as vibracións.
Todo isto provoca un custo moito maior ó proceso habitual, ata un 40% máis, e a minería é un negocio no que nunca sabes se sairá rentable a extracción do mineral. Isto pode provocar que non se cumpra todo como se promete.
O acordo conclúe con promesas de que ó finalizar a explotación os túneis serán reenchidos e se crearán uns 100 postos de traballo directos e 250 inducidos (http://www.europasur.es/article/opinion/1155498/empleo/y/las/rentas/trabajo.html). A pesar disto, os postos máis importantes non serían para galegos senón para os canadenses.