A miña experiencia con un terremoto

5 Maio 2013
Terremoto Perú 2007

O día 15 agosto do 2007. Un día como  outro calquera...
Eran as 6 da tarde, mais ou menos recordo. Estaba coa miña avoa e toda a miña familia, cada un facendo as súas cousas. Pasado os minutos, un pequeno sismo desorientounos, entón a miña familia e eu saímos á rúa pois moita xente o sentira non pensabamos que fora a pasar nada. Cada un volveu ao seu, recordo que o meu pai chamou á casa da miña avoa, e estabamos a falar ata que se escoito unha voz moi forte -TREMOR!!- . Nese momento, erguémonos e eramos incapaces de manternos en pé, as cousas caían e nós facíamos o posible para saír de casa. Ao saír de casa había moita xente berrando, chorando moi desesperada... e todos fomos cara á beirarrúa da estrada xa que era o único lugar onde estaba despexado e non había casas nin edificios, aínda así víanse como os coches polo movemento tan forte non eran capaces de conducir recto, parecían que patinaban e tamén eran un perigo, as luces da rúa se apagaron e os poste de luz, parecían que ian caer, pero felizmente non caeu ningún.

Estaba todo escuro xa que eran as 18:50  aproximadamente, tiñamos medo a volver ás nosas casas, pensabamos que volvería pasar. Despois o meu avó entrou a casa e colleu mantas. Ás 10 da noite, acórdome moi ben, viñeron os da mariña. Dixeron que había alerta de maremoto, a xente entrou outra vez en pánico. Durmimos na rúa, moi preto da nosa casa. Pero ao pasar todo isto foi o peor, por que ao decatarme que o epicentro foi en Ica e Chincha, lugares onde eu tiña familia. Non sabiamos como estaban ou se estaban vivos. Véndoo ben, mirabas arredor e había gretas polas casas, persoas chorando e ao ver todo iso, non sabes se vivirás para contalo ou só quedaría na memoria dalgúns.